Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

Xustificacion

Xustificación do título. Interese académico, científico e profesional


O obxectivo exposto para o Máster Interuniversitario en Química Teórica e Modelización Computacional é o de outorgar ao estudantado unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinar orientada a promover a iniciación en tarefas investigadoras no ámbito da Química Teórica e Computacional.

A modelización computacional a nivel molecular se ha afianzando nos últimos 20 anos como unha ferramenta que abarca, de forma transversal, moitas áreas de coñecemento, desde a bioquímica ata os novos materiais, pasando por todas as disciplinas da química e áreas emerxentes como a nanociencia. Ademais dunha capacidade de predicir con gran precisión e a baixo custo os resultados de moitas medidas experimentais, a Química Teórica permite entender as observacións a un nivel fundamental e dirixir o camiño cara a novos descubrimentos.

En palabras de Pople e Kohn, premios Nobel de química en 1998, "a química cuántica utilízase hoxe en todas as ramas da química e física molecular e ofrece unha profunda comprensión dos procesos moleculares que non pode ser obtido soamente coa experimentación". Por tanto, Química Teórica e Modelización Computacional convertéronse hoxe en día en ferramentas obrigatorias das ciencias experimentais. Isto levou a que haxa unha demanda crecente de persoal experto formado nestes campos. Dita demanda non vén só do mundo da academia, tamén empeza a vir da industria, onde cada vez mais empresas ven na modelización a escala molecular unha ferramenta que permite avanzar rapidamente na síntese de novas substancias funcionais ou novos materiais, ademais de abaratar custos na obtención dos mesmos e o estudo das súas propiedades. Por exemplo, a modelización molecular constitúe unha etapa fundamental no proceso de xeración dun novo fármaco. A síntese de diversas variantes dun posible axente activo resulta moitísimo máis custosa que o estudo da súa posible actividade mediante unha exploración teórica baseada nos métodos da Química Computacional e a modelización molecular.

A situación é similar no que se refire á síntese de novos materiais. Os avances máis espectaculares na xeración de diversos nanotubos, por exemplo, veu da man da súa previa modelización por métodos computacionales. Analogamente, o coñecemento a nivel molecular da actividade encimática ou de determinadas proteínas supón igualmente unha adecuada modelización teórica. Resulta pois evidente que este máster ofrece a posibilidade de integrarse en diversas áreas de actividade social e industrial.

Desde o punto de vista académico e de investigación esta actividade foi potenciada nos países máis avanzados nos que nos últimos anos do pasado século creáronse potentes institutos de computación científica nos que se desenvolve unha actividade docente-investigadora conducente á aplicación de métodos computacionales a practicamente todas as ramas do saber. En todos eles a Química Teórica e a Modelización Molecular ocupan un papel preponderante.

O interese do máster que aquí se presenta vén dado pola necesidade de formar persoal investigador capaz de abordar tarefas de I+D+i en calquera das áreas xa mencionadas. Por tanto, serán capaces de aplicar os métodos e técnicas de modelización a sistemas de interese e interpretar os resultados.

Os grupos de investigación que participan no máster teñen un alto prestixio a nivel internacional, de feito a Química Teórica en España é unha área que tradicionalmente tivo un forte empuxe e un alto nivel científico, con grupos importantes en case todas as universidades españolas. O máster pretende axuntar esforzos para ofertar unha formación común ao estudantado de todos estes grupos.

Referentes externos á universidade


Tivéronse en conta os criterios e directrices respecto da estrutura, contidos e metodoloxía establecidos polos organismos nacionais seguintes:

  • Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais.
  • Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais.
  • Guía de apoio para a elaboración da memoria de solicitude de verificación de títulos oficiais (Grao e Máster) de ANECA.
  • Protocolo de avaliación para a verificación de títulos universitarios oficiais (Grao e Máster) de ANECA.
  • Libro branco para o Título de Grao en Química e Física.
  • L'Observatori, Boletín del Área de Estudios del OPAL.

Referentes internacionais máis próximos á presente proposta atopámolos no modelo de máster británico e nórdico, concretamente nos seguintes:

  • Physical and Theoretical Chemistry: University of Oxford. Máster que se enfoca na introdución da mecánica cuántica e estatística de sistemas químicos.
  • Master's programme in Computational Chemistry and Physics. The Nordic Master. Este máster ofrece un competitivo programa elaborado e impartido por un equipo composto por profesorado de diversas universidades con alta especialización en diversas disciplinas computacionais. Está estruturado ao redor de dous anos.

Descrición dos procedementos de consulta utilizados


Procedementos de consulta internos

Constituíuse unha comisión de elaboración do Plan de Estudos do Máster formada por un representante de cada unha das universidades implicadas. Dita comisión puxo en común os resultados da planificación e coa colaboración do equipo docente elaboraron os contidos do plan de estudos presentado.

Procedementos de consulta externos

O máster forma parte dun consorcio internacional, no cal o segundo ano realízase en común cos socios europeos. Para a docencia do primeiro ano consultáronse e tiveronse en conta os plans de estudo das universidades de Groningen (Holanda), Leuven (Bélxica), Perugia (Italia) Toulouse (Francia) e Porto (Portugal) dentro do "European Master in Theoretical Chemistry and Computational Modelling" comprobando que a formación recibida en España é equivalente á formación nesas universidades.

Ademais, consultores externos pertencentes ao ECTNA (European Chemistry Thematic Network Association) aprobaron o máster no seu tempo e outorgaronlle o Eurolabel. Para iso un comité externo avaliador desprazouse a España para entrevistarse co profesorado, estudantado e persoal de xestión do máster, co fin de avalialo e presentar suxestións sobre o programa académico que quedaron reflectidas no plan de estudos.